Mañan, sábado 12 de xuño comeza a celebrarse en Betanzos o Campionato de España de baloncesto de clubes na súa categoría infantil masculina, no que 32 equipos competirán ata o día 18 por conseguir o cobizado trofeo.
O evento levarase a cabo en catro sedes da provincia (Betanzos, Miño, Pontedeume e Abegondo).
A directiva do clube, e, no seu nome, o presidente José María Valeiro Iglesias, quere agradecer públicamente a inmensa colaboración de institucións coma o Concello de Betanzos, Concello de Miño, Concello de Pontedeume e Concello de Abegondo; a Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral para o Deporte, así como a axuda das empresas patrocinadoras deste prestixioso torneo que reúne aos mellores equipos de España, entre os que están o Real Madrid, Barcelona, Estudiantes ou Joventut de Badalona.
Sin a axuda de todos eles, e o pulo e esforzo dos compoñentes do club, así como dos voluntarios de todas as sedes, esto non sería posible.