Tralo repentino pasamento do noso Presidente o pasado 29 de Xullo, e cumplindo coa normativa legal, convocouse asemblea Xeral de socios do Santo Domingo da que resultou elixida a nova Xunta directiva, e o novo Presidente, Jose Espiñeira, por unanimidade.
O novo Presidente conta con unha nova xunta directiva que xa esta a traballar na nova tempada 24-25. O obxectivo, a inquívoca vontade de continuar co legado de o noso finado Presidente e amigo, Jose María Valeiro Iglesias, Tocayo.
A nova directiva ven de confirmar a participación do primeiro equipo na Terceira FEB, antiga EBA, conforme o logro deportivo acadado hai poucas semanas. Mesmo, este mesmo serán o noso Presidente e un representante da directiva veñen de ter unha xuntanza con Presidente da Federación Galega, Julio Bernárdez, e a Directora Xeral, Susana Fdez Fiuza, para senta-las bases da nova etapa que se abre para todos, sempre con noso benquerido Tocayo no recordo.
Porén, o clube pon como obxectivo competir en todas as categorías masculinas e femeninas, e redoblar a aposta por xogadores e adestradores “da Casa”, como marchamo de identidade.
En vindeiras datas comunicaremos horarios de adestramentos de “portas abertas” nas diferentes categorías de inminente inicio, ademais da campaña de socios (nova figura a implementar nesta tempada) e abonados, así como a posta en marcha progresiva de todos os equipos de competición e mesmo das escolas.
Todos aqueles que desexen ampliar esta información poden contactar con clube no enderezo info@santodomingobetanzos.com