O equipo de minibasket do Santo apúntase o torneo de Xixón

O SANTO ALEVÍN LEVA O TORNEO DE CARNAVAL DE XIXÓN.

Os betanceiros gañaron con solvencia o xa tradicional torneo de minibásquet

Seguen os bos resultados do Alevín Masculino do Santo Domingo Betanzos. Logo de chegar á 2ª fase da Liga galega de Minibásquet sen perder un só partido na pista, os rapaces adestrados por Jorge Iglesias veñen de gañar a VIII Edición do Torneo de Carnaval de Gijón, organizado polo Real Grupo de Cultura Covadonga.

Se o luns 20 á tarde vencían por 40 puntos ao Cantbasket04 de Santander, primeiro clasificado da Liga de Cantabria, esa mesma noitiña deixaban a mesma diferencia a favor fronte ao CB Pumarín asturiano.

asturias2No último encontro, disputado o Martes de Entroido ao mediodía, os que vían como os betanceiros pechaban marcador eran precisamente os anfitrións, o Real Grupo de Cultura Covadonga, equipo que ocupa a primeira praza da liga asturiana, e o que dende aquí queremos agradecer a invitación, o exquisito trato dispensado e a perfecta organización.

O equipo que viaxou a Xixón estivo formado por Martín Buyo, Hugo Seijo, Román López, Sergio Doval, Antón Iglesias, Mateo Abrodos, Diego Caamaño, Tomás López, Carlos Pérez e Alex Camaño, sen que Marcu Buzera, o último compoñente do equipo, puidese desprazarse por motivos persoais.

Representación na selección Minibasket

Por outro lado, e como proba do excelente traballo dos adestradores do club, tres rapaces forman parte da lista de 15 que a FGB remitiu á Federación Española de baloncesto cara ao Campionato de España de seleccións autonómicas. Así, mentres Sergio Doval Amor estará entre os 12 xogadores que disputarán o torneo en Cataluña, Román López e Hugo Seijo forman parte do listado de tres reservas cos que se completa a convocatoria en prevención de calquera eventualidade.

Club Santo Domingo Betanzos prensa@santodomingobetanzos.com 629069196