Este fin de semana o filial do Santo Domingo Betanzos conseguía, no seu primeiro ano na categoría, asegurarse disputar a fase de ascenso, o que certificaba su permanencia en 1ª División na que debutaba tralo ascenso da tempada pasada.
A victoria ante o Celtas Macrocopia de Foz, rival directo na clasificación garante matemáticamente dita posición a falta de 2 xornadas.
Un equipo formado maiormente por xogadores senior de primer e segundo ano (Sub-22), mantendo o bloque do ascenso, con varios xogadores en idade junior en dinámica habitual de adestramentos e partidos, pouco a pouco foi quen de adaptarse a categoría.
O nivel do grupo norte, con 4 equipos descendidos recentemente da EBA, o 2º filial do Obradoiro e 2 clásicos habituais da categoría como Viveiro e Foz, facía presaxiar que ia a ser unha fase dura. Lesions, adaptación dos xogadores mais novos, rivais con mais rodaxe… Pouco a pouco, co traballo diario, o equipo foi superando obstáculos e obten o premio de mante-la categoría.
De este xeito acudía o equipo a Foz con 10 efectivos entre os que hai que destacar a presencia de 2 junior de primeiro ano, sin ter cumpridos os 16, que, como ven sendo habitual, aportaron seu graniño de area na victoria. O partido de Foz empezou con ambos equipos moi acertados de cara o aro, con iniciativa no marcador por parte dos locales, que se ian 8 arriba o descanso. Tras este, unha gran defensa do Santo volteou o marcador, deixando o seu rival sin anotar no terceiro cuarto para chegares o último cuarto 13 arriba. En éste o equipo local buscou a remontada, chegando a porse a un punto a falta de un minuto, pero finalmente os nosos rapaces, cunha media no quinteto que acabou o encontro de 19 anos, souberon xestionar os minutos coma veterans e impoñeronse por 60 a 65.
Quedan 2 partidos para acaba-la primeira fase, fronte a Estudiantes de Lugo, antes de coñecer os rivais os que nos enfrentaremos na segunda fase.
O obxectivo competitivo está mais que cumprido, mante-la categoría. O obxectivo mais importante, que é seguir formando xogadores para o primeiro equipo, segue adiante.