ras celebrarse onte nas instalacións do Liceo Muncipal, coa asistencia do Concelleiro de Deportes, Andres Hermida, a Concelleira de Comercio, o Vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, a Secretaria Xeral da Federación Galega de Baloncesto e o Presidente do Santo Domingo, contando coa axuda das nosas infantís que procederon a ser a “man inocente” na extracción dos nomes dos clubes, xa temos o calendario, as sedes e os días para a celebración do Campeonato de España de Baloncesto Femenino en Categoría Infantil 2022.
O evento vai encher Betanzos e as Subsedes con 384 participantes, 192 técnicos, 40 voluntarios, 100 arbitros e auxiliares durante 6 días de competición e 64 partidos, porá o nome de Betanzos no mapa de novo dende o día 5 ata o día 11 de este próximo mes de Xuño.
Sede tod@s benvidos!!
Sed tod@s bienvenidos!!