Tralo acordo unánime de toda a Corporación municipal e a petición do Clube Santo Domingo Betanzos, o pavillón municipal pasará a chamarse “Jose María Valeiro Iglesias ‘Tocayo'”, oficialmente rebautizado no mediodía do 28 de Xuñp de 2025, unha data que pasará por sempre a historia desta Casa.
O acto tivo lugar trala clausura do noso campus de verán, con máis de 100 nenos e nenas e as súas familias coma testigos da memoria deste Clube para quen foi Presidente, mecenas e Pai durante tantos anos. Coa presencia da corporación municipal, representada pola Alcaldesa María Barral, a Presidencia de Honra e Presidencia da Federación Galega de Baloncesto, as forzas políticas locales, a familia do finado, e finalmente, toda a sociedade Betanceira e gran parte do Baloncesto Galego, que tanto lle debe a Jose María, tivo lugar a resignificación da instalación municipal, de mans de seu irmá, Francisco Valeiro, ex-entrenador de esta casa, coa viuba, filla e toda a familia Valeiro Iglesias coma testigos.
Javier Codesido, Code, amigo do finado e actual adestrador e directivo do Santo Domingo, foi o elixido pola directiva para expresar o agradecimento por atender a petición do clube con unhas breves palabras cheas de emoción e recordo o seu amigo. Porén, sería a Alcaldesa, María Barral, que foi quen de pechar o emotivo momento entre os aplausos de todos os alí congregados baixo o ceo azul de Betanzos, un ceo dende que a bon seguro, Toki nos estaría observando.
Gracias por tanto.

