Skip to content Skip to sidebar Skip to footer
sdb

Resulta arriscado tentar un resumo de cáseque 40 anos de historia en poucas liñas, e inda máis, tentar explicar o que hoxe é o Santo Domingo, non xa só coma clube deportivo, senon coma realidade social para Betanzos e a súa bisbarra.

Cáseque 40 años de historia,  250 licenzas deportivas, 17 equipos en competición, a obra social, o campus, os torneos….tentaremos comezar por los inicios,  no lonxano 1983…

 

Un pouco de historia.

Corría 1983 e o párroco de  Santo Domingo, como tantos outros daquela en todo o Pais, decidía crear un clube deportivo . Os inicios foron tan precarios que por non ter, aquel clube no dispoñía nin de pista para xogar, como se pode apreciar na instantánea que ilustra a portada deste documento. Habería que agardar a 1986 para ver construido o polideportivo municipal cun campeonato de España que puxo a semente para continuar crecendo. E habería que esperar moito mais, ata finais da década dos  90 para poder contar con as instalacions deportivas do Vales, das Mariñas, e do Francisco Aguiar.

Unha instalación, a municipal, que no verán de 2025 foi rebautizada pola corporación municipal, a petición do Santo Domingo, con nome da persoa que máis fixo por el, tristemente finada no verán de 2024. Jose Maria Valeiro Iglesias. Tocayo. O noso presidente durante mais de 20 anos, presidente de honra, e medalla de ouro o deporte pola Xunta de Galicia polo seu servicio e a sua dimensión ao fronte da nosa Casa. 

Voltemos a nosa historia. Os anos seguirían pasando e  polo medio, moitas vicisitudes, moitas decisions ,(non todas acertadas) moitos disgutos e alegrías. Cara comezos de la década dos 2000, o clube afrontaba unha mais que probable desaparición. Sin categorías inferiores, afogado polas débedas e excluido da competición autonómica, foi Jose Maria Valeiro quen  afrontaría un reto. Levar o Santo a flote, sanealo e comenzar o proxecto por embaixo…

O crecimento.

E dende aquela, relevada a Xunta de Jose Maria Valeiro polo actual equipo directivo,  de tener un so equipo senior y unhas poucas licenzas, chegamos a o que hoxe é o  Santo Domingo.

Esta son as cifras:

250 licencias federativas.

Equipos femeninos en todas as categorias. Equipos que xogaron e xogan por toda Galicia. Finais, campeonatos provinciales , autonómicos….o traballo da canteria termina nunha consecuencia: Nosos equipos senior (4) poboados  de rapazas e rapazas de  Betanzos representando a Vila por Galicia e España 

As escolas

Nosa principal preocupación. En estrecha colaboración co colexio Vales Villamarín e a asociación Concilia, nosos peques son a nosa razón de existir.

O “Campus Tyson Perez” de veran

Pasada xa a súa 10ª edición. Un centenar de inscritos de todo Betanzos y bisbarras aledañas, apadrinado polo xogador internacional Betanceiro, hoxe estrela da mellor liga de Europa, o Campus “Tyson Pérez” e unha cita inexcusable.

A realidade, a día de hoxe

O Clube afronta  un formidable desafío.Seu aumento de entidade tanto en número de xogadres, coma de simpatizantes, as familias implicadas, o esixente das competicions nas que participa (algunhas, coma a TERCERIAFEB , cuasi profesionales) e a realidade  dos difíciles tempos nos que nos movemos obligan o Club a maniobrar con extrema cautela posto que o escenario de financiación e moi delicado.

La obra social.

O Club tamén ten un momento para os que mais o necesitan, e colabora co centro de educación especial “Pai Menni” de Betanzos na difusión do basket para os colectivos con discapacidade intelectual.
En resumidas contas, tras casi 40 anos, o Santo Domingo Betanzos é máis que un pequeno equipo de parroquia, pero sin abandoar a súa esencia. E ahí esta o obxectivo que se propuxo no seu día que sigue igual de vixente: Que non quede ningún neno ou nena que non poida practicar baloncesto en Betanzos, e que siga habendo baloncesto en Betanzos polo menos, outros  40 anos mais.

0
Anos
0
Licenzas Deportivas